Deseño web
Este contido require Flash
Para visualizar este contido, deberá habilitarse JavaScript e, ademais, necesitarase a última versión de Adobe Flash Player.Descárgue agora Flash Player de forma gratuita.
Coa tua presencia en internet, non xogues
En ARS GRAFIKA facemos DE TODO. Poñemos á tua disposición un equipo de profesionais da programación e o deseño para que obteñas os mellores resultados da tua presencia na rede. A nosa única preocupación é a tua satisfacción, por iso cuidamos até o máis mínimo detalle en todos os nosos traballos. Se buscas un deseño fiel á tua imaxe e ás últimas tendencias en comunicación visual, se buscas unha programación eficiente e adaptada aos estándares, non o penses máis: somos os teus desenvolvedores.
Todo o que necesites e moito máis
|
|
Sitios web corporativosEn ARS GRAFIKA creamos o sitio web da tua empresa adaptándonos ás necesidades do teu negocio e ás expectativas dos teus clientes. |
|
|
Solucions para particularesO MySpace da tua banda, as fotos das vacacións, as próximas ceas da tua peña, o blog de cocina da avoa... déixanolo a nós. E non te preocupes, para pequenos clientes temos prezos aínda máis pequenos ;-) |
|
|
Institucións, colectivos e outras organizaciónsCoñecemos a fondo as necesidades específicas das entidades que se comunican co conxunto da sociedade. Creamos entornos web amigables e accesibles para que todo tipo de usuarios se movan como peixe na auga. |
Web 2.0
A Web Social, ou Web 2.0, nace como complemento aos servizos xa existentes en Internet: a web, os servizos e portais de busca de información (Google, Yahoo), os sistemas de comunicación (correo electrónico, foros, etc). Céntrase nas contribucións de usuarios da rede para o seu desenvolvemento, aportando ou revisando e modificando os contidos, de todo tipo e formato, presentes na rede.
Por outra parte, todos os servizos da Web 2.0 implican un cambio básico no fluxo de información e de datos. Nos servizos baseados na Web 1.0 o fluxo de datos era desde os servidores aos clientes, é dicir, o fluxo era de baixada ou intercambio de datos desde o emisor ao receptor. Agora, nos servizos baseados na Web 2.0, a tendencia invertese e comeza a haber tanto fluxo de baixada de datos e información, como fluxo de subida de datos desde o cliente ao servidor; o receptor convertese tamén en emisor.
En consecuencia, todos estes servizos proporcionan un avance tanto tecnolóxico coma intelectual e ademais o mesmo tempo permiten a todos os usuarios cunha conexión a internet participar neste avance informático a nivel xeral.


